Prodotti e trattamenti cosmetici
You are in: Portada
Seguro médico ACOPROGA
Hola a tod@s, recentemente unha correduría de seguros,  fíxonos chegar ata a secretaría da asociación, unha proposta de seguro médico, mellor incluso a  que poseen certos funcionarios( profesores). Trátase dun seguro a maiores do que temos, seguridade social, donde se nos posibilita a entrada na sanidade privada, sin esperas e concertado con case que tóda-las clinicas e especialistas do territorio nacional. ü        El cuadro medico más completo: más de 23.500 facultativos y las mejores clínicas de España.ü        Segunda opiniónü        Complemento bucodental. Incluye suplemento dental y plan infantilü        Obstetricia y ginecología. Planificación familiar, preparación para el parto y revisión ginecológica.ü        Reproducción asistida: cobertura sin coste de 3 intentos de inseminación artificial y 1 intento de fertilización in Vitro. Cobertura de reproducción asistida hasta los 40 años.ü        Asistencia en viaje en el extranjero (limite 15.000€)ü        Psicología Clínica: 20 sesiones al año. Orientación Psicoemocional telefónica.ü        Podología: sin limite de sesiones gratuitas al año 
Y además  por ser asegurados de Caser disfrutaran de servicios complementarios en condiciones ventajosas: Conservación de la sangre del cordón umbilical, corrección quirúrgica de la miopía, hipermetropía, revisión auditiva y audífonos.
  

O prezo son 43.68€ ó mes e déixannos meter a nosa parella no seguro, a cobertura dos nosos fillos pequenos( o que os teña claro) inclúese. Xa nos fixemos uns cantos socios e a verdade o cadro médico e do melloriño. Retribúennos con un porcentaxee en forma de axuda a asociación por cada asociado, para ceas… Con 3 consultas que fagades ó ano xa bos sale a pre. Déixovos un número por si vos interesa, ou se non, mandádesme un correo a min; Axencia Pumart, preguntade por Juan Manolo 988601394.

 
Non ao peche e privatización de comedores

3960 sinaturas conseguidas por ACOPROGA !!!

Gracias a nosa loita e empeño os membros da asociación de Cociñeir@s"Acoproga" e os traballadores de comedores,xuntamos 3960 sinaturas para a Non privatización de comedores polo que agardamos que as nosas peticións/reivindicacións sexan escoitadas.

 
A consellería de educación quérenos votar

OS NOSOS NENOS COMERAN EN CATERING E COMIDA REQUENTADA

Atrevome a enviar  este escrito en representación de ACOPROGA (Asociación de Cociñeiros Profesionais de Galicia) que de algún xeito si que ten moito que ver ca cociña, ca hostalería, co consumo de productos da nosa terra, ca educación dos nosos fillos e ca dieta e polo tanto coa saúde (porque non olvidemos que somos o que comemos e como comemos).

Nos comedores de varios colexios de ensino público desde fai  anos existen uns comedores donde a maioría de nos xantabamos e aprendimos a utilizar os cubertos cando íbamos a escola.

Pois así estaba a acontecer, e cada vez é  máis demandado este servizo sobre todo no rural por causa da incorporación da muller ao mundo laboral e a necesidade de conciliación da vida familiar coa laboral.

En breve, se non hai algo que o impida, a Conselleria de Educación pretende suprimir este servizo de comedor  en 18 centros de Galicia e varios postos de traballo noutros centros, en total 72 postos de traballo, polo que este servizo de comedor quedaría inexistente ou privatizado e os nosos nenos pasarian a comer nun servizo de catering dunha calidade totalmente inferior a que se está a servir actualmente.

Os servizos de catering de este tipo, como todos sabemos, buscan economizar todo o posible nos productos, nas cantidades e nos traballadores e polo tanto non poden ter a mesma calidade que o servizo que temos ata agora, nin a posibilidade de facer unha dieta especial a un neno que a precise. Se esto segué adiante os nosos nenos tomarian comida cociñada varios días antes con productos de calidades inferiores, preparado por persoas non cualificadas e a empresa que serviria este catering buscaria sobre todo o seu beneficio económico sen importarlle máis.

Tamén se sucede esto privariamos aos cativos de poder tomar un flan caseiro, unha tortilla de patacas recén feita, unhas filloas recén elaboradas antes do entroido.  e se verian obligados a tomar primeiros pratos que normalmente o custo de producto non sobrepase de  30 centimos  eo  segundo prato non pode superar os 60 centimos e de postre a maioría das veces unha froita de mala calidade ou un preparado lácteo a piques de caducar que os compran no último momento as empresas a un prezo moi reducido. Por outra banda privatizar este servizo non supón un aforro de cartos considerable  para a Administración xa que gastaría o mesmo ou máis que agora.

Co respeto aos traballadores  que actualmente traballan nos colexios da Xunta están formados e cualificados e polo tanto son profesionalmente ideales para desempeñar as competencias dun cociñeiro e ademáis na maioría dos casos superaron unhas probas para acceder a eles (Oposicións)  pola contra os traballadores de empresas de Catering non é necesario  esixirlle nada do anterior.

 Se sucede o anterior obligaria a moitos nenos do rural a quedarse sen este servicio ou a desplazarse varios kilómetros en autobuses para comer comida de catering preelaborada,por exemplo as tortillas francesas poden elaboralas ata cinco días antes e requentalas para que así as coman os cativos e o mesmo con un peixe frito, un  filete a prancha podeno asar 3, 4 ou 5 días antes…xa vemos que cualidades organolépticas e que calidade pode ter esta comida en canto que agora se fai a comida no día de calidade, moitas veces mercada a proveedores locais e con productos galegos e con todo o esmero posible.

Nombrar tamén que o tipo de dieta que se pode tomar nun servizo de catering non é o máis axeitado para comer os nosos nenos diariamente, ainda que dirán o contrario.

 E con todo isto eu non sei quen sae beneficiado, porque nin nós nin os nosos cativos que incluso lles pode afectar a súa saúde, nin os cociñeiros, profesionais e persoal de comedor que está cualificado e leva anos realizando a súa labor, nin os proveedores da zona, nin os pais que ven mermar a calidade alimentaria dos seus fillos e a sua dieta ou se quedan sin o servicio de comedor, sobre todo os da zona rural que é donde máis lle afecta…

E pensando con sentido común a nadie de nós na nosa casa se nos ocorrería quitar a cociña para ir comer fóra todos os días e en servizo de catering para aforrar cartos, ¡Pois eso é o que queren facer cos nosos rapaces!

 

 
A Estrada nas Catro estacións
Presentación da Guía turística do Concello da Estrada. Mércores 30 de decembro ás 20 horas na sala de exposicións do Teatro Principal.
 
Invitación a charla Alimentación e Saude
No marco da Semana Verde de Galicia, organizase unha charla sobre "Alimentación e Saude"
  • Lugar: Club do Expositor - Pabellon 1
  • Dia: Venres 12 as 17:00
Ó finalizar, invitarase a unha degustación @s participantes, e serán obsequiados cunha bandexa de carne de coello no stand de Cogal.
Leer más...
 
Invitacións a Semana Verde
Informovos de que temos unhas entradas para asistir a Feira Internacional Semana Verde de Galicia os soci@s da asociación, e podedes visitar o Salimat (Salón de Alimentación do Atlántico).
O número de entradas é reducido polo que se vos interesa solicitádeas o antes posible xa que vamos a entregar por orden de petición.
Para solicitarlas podedes enviarme a este correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla a petición.
 
Socio Honorífico 2008
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Tras 6 meses abertas a enquisa para escoller o noso socio honorífico, finalmente produciuse un empate entre os candidatos Manuel Gago e a Escola de Hostalería de Santiago, recordade que o día 20 data do xantar aínda por confirmar o sitio, entregaránselle os galardons ós premiados e falaremos como sempre das nosas cousas, felicidades os gañadores, que por certo o empate nos pillou de sorpresa.
Leer más...
 
Entrevista na Radio Galega

Elena F Baloira presidenta de ACOPROGA foi entrevistada polo xornalista de Iván Piñeiro no programa Come e Fala, que se emite todos os sábados as 13:05. Nesta entrevista do 24 Xaneiro de 2009, fálase do intrusismo na profesión, como afecta a crise ao sector da cociña, obxectivos da asociación,...

Para escoitar a entrevista dalle ao botón de play

 
Termina a fase de votación do persoaxe do ano 2008
O día 31 de este mes termina a elección do persoaxe do ano 2008, aproveitade para os vosos ultimos alentos, que gane o mellor, que xantará con nós no vindeiro mes de xuño . Graciñas a tod@s
 
Xornadas de alerxia a alimentos e o látex e as súas dificultades nos centros educativos.

 CELEBRARASE EN SANTIAGO DIA 18 DE ABRIL UNHAS XORNADAS DE ALERXIA A ALIMENTOS  E O LÁTEX E AS SUAS DIFICULTADES NOS CENTROS EDUCATIVOS.

Este curso vai dirixido a profesores, educadores, persoal de cociña e comedor escolar.
Para os profesores dan un credito , para os cociñeiros un certificado( faltame confirmar se está recoñecido por o ministerio de educación).Envioche en un archivo en que vai consistir ,é a primeira vez que se celebra en galicia, en outras comunidades xa se fixo e con moita asistencia tanto de profesores como de cociñeiros.
 
E van a falar : alergologo, pediatra, enfermeira e mestra, psicóloga, xefe de cociña do clinico.
Se fara unha degustación de postres sinxelos sin ovo e sin leite a hora do café.

 
Dispoñibel xa a cota do 2009 para todo-los asociados
Recordade todos que podedes facer efectivo o pago da cuota 2009 no primeiro trimestre do ano, conservando o importe xa consolidado de 10€. en calquera oficiña caixanova especificando " Cuota 2009" e o voso nome e apelidos. Nº de conta  20800259160040026496   grazas.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 12 de 18

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?

Sindicalización

Usuarios en liña.

Estadísticas

Usuarios: 9
Noticias: 56
Enlaces: 1